Saturday 11 de May de 2024

Cambre enviará a cada casa o padrón municipal para facilitar o proceso de escolarización dos novos alumnos


A presentación de solicitudes comezará o día 1 de marzo e remata o día 20 de marzo (ambos inclusive)

Co fin de facilitar proceso a admisión de alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018 o Concello de Cambre enviará a cada domicilio con nenos en idade de escolarizar o certificado de Padrón municipal e un voante de Padrón municipal, documentos que se precisan para acreditar o domicilio familiar.

A presentación de solicitudes comeza o día 1 de marzo e remata o día 20 de marzo (ambos inclusive).

Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro que elixa en primeiro lugar. A dita solicitude poderase recoller no centro docente elixido ou descargala na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/admisionalumnado).